Abanca gaña 670 millóns de euros até setembro, 5% máis

Juan Carlos Escotet. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
A entidade sinala que os seus principais mercados, os Estados español e portugués, que continúan ofrecendo boas perspectivas económicas.

Abanca obtivo entre xaneira e setembro de 2025 un beneficio atribuído de 670,4 millóns de euros, 5% máis que no mesmo período de 2024, cando gañou 638,4 millóns de euros, segundo informou esta terza feira a entidade bancaria á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A compañía alcanzou unha rendibilidade ROTE de 15,1%, resultado do crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance, segundo resalta Abanca. Así, entre xaneiro e setembro, a entidade elevou o seu volume de negocio por encima dos 134.000 millóns de euros, 5,6% máis, cun desempeño robusto, sinala, nos seus principais mercados, os Estados español e portugués, que continúan ofrecendo boas perspectivas económicas.

O banco celebrou que o seu resultado obtido até setembro "reflicte novamente a súa capacidade de xeración de resultados de alta calidade de maneira recorrente", á vez que a boa evolución do negocio coa clientela permitiu un incremento de 1,5% da marxe básica, a parte máis 'core' dos ingresos da entidade. A obtención de sinerxías e as medidas de eficiencia que a entidade puxo en marcha permiten, tal e como defendeu Abanca, conter os gastos de explotación, que foron descendendo trimestre a trimestre.