A ximnasta galega Melania Rodríguez proclámase campioa mundial de trampolín en dobre mini tramp

Melania Rodríguez celebra o seu trunfo en Iruña. (Foto: Europa Press)

A ximnasta galega Melania Rodríguez volveu facer historia impóndose na categoría do dobre mini tramp feminino no Campionato Mundial de Trampolín 2025 que se desenvolve en Iruña (Nafarroa).

Melania Rodríguez alonga a súa lenda. A ximnasta de Ponteareas (comarca do Condado) proclamouse en Iruña de novo campioa mundial de trampolín na categoría de dobre mini tramp.

A ximnasta galega comezou con seguridade e contundencia a primeira parte da final, demostrando a súa condición de campioa, cun primeiro salto valorado en 27.600 puntos que a situou na primeira posición.

O desempeño nesta primeira fase permitiulle pasar á seguinte rol, onde só competían as catro ximnastas cos mellores rexistros da primeira rolda. Nesta fase, acompañárona a británica Kirsty Way, a estadounidense Kennedi Roberts e a rusa Galina Begim.

O voo de Rodríguez

Rodríguez voou no seu segundo salto desta rolda, obtendo do xurado unha puntuación de 26.700 puntos, unha marca que se demostrou  inalcanzábel para o resto de competidoras.

A segunda praza do Campionato Mundial de Trampolín na categoría de dobre mini tramp recaeu rusa Galina Begim cun salto valorado en 26.400 puntos, recaendo a medalla de bronce na británica Kirsty Way que logrou 26.100 puntos.  

Un palmarés inigualábel

A ximnasta galega acumula un palmarés inigualábel na súa disciplina. Así, en 2023 xa se alzara como vencedora de dobre mini tramp Campionato Mundial de Trampolín desenvolvido na cidade británica de Birmingham.