A selección galega oficial volverá xogar en 2016
23 de decembro de 2015 (15:56 h.)
A Federación Galega de Fútbol comezou as xestións para que se produza un encontro, segundo avanzou a TVG.
Segundo adiantou a Televisión de Galiza a selección galega volverá ao terreo de xogo en 2016 e farao ao abeiro da Federación Galego de Fútbol. O encontro podería ter lugar antes da Eurocopa de Francia e xa se estarían a desenvolver xestións.
Desta maneira, a Federación acolleu as demandas de xogadores como Iago Aspas (Celta) e Lucas Pérez (Dépor).
Entretanto, o 26 de decembro Siareiras Galegas organiza un encontro entre combinados galego e senegalés nunha xornada de reivindicación do carácter oficial das seleccións nacionais.