O Racing dixire o descenso animando a seguir para volver outra vez á categoría

O centrocampista Raúl Blanco no partido do seu debut co Racing ante o Cartagena (0-0). (Foto: Racing Club Ferrol)
O club verde pide perdón á afección. O Deportivo, pola súa parte, recupera a Sergio Escudero para rematar a tempada.

O Racing de Ferrol confirmou na terza feira o seu descenso matemático de categoría tras a derrota ante o Almería (2-1) e un día despois seguen chegando as reaccións. A do club foi inmediata, coa difusión dun video no con imaxes deste tempada pedían desculpas polo ocorrido. Pouco despois comparecía Fran Manzanara tamén coa idea de pedir perdón mais agardando que a a afección "siga connosco.

O Racing foi crecendo, está a crecer de maneira brutal e que non se deseganche, porque o Racing son eles, é a afección". Por último, malia o descenso, asegurou que aínda quedan cinco partidos para "deixar o escudo o máis alto posíbel" e pensar xa na nova etapa e en como traballar para volver a Segunda.

Volve Escudero

Do negativo ao positivo, neste caso no Dépor que esta terza feira soubo que recuperaba a Sergio Escudero para o que queda de tempada. "Afronteino da mellor maneira posíbel", asegurou esta cuarta feira o xogador en rolda de prensa. Para el era un factor "case mental" verse coa dor continuamente. "Aínda con esa dor, sempre que saio ao campo tento dar todo o que teño dentro e axudar ao máximo ao equipo", afirmou. Tras esta mala experiencia confía no futuro inmediato.

"Espero que salga unha mellor versión que a que din cando estaba a xogar". Para o de Valladolid, estar recuperado significa ”poder axudar ao equipo canto antes”, sobre todo por constatar que “fisicamente atópome ben”. 

Malia a baixa seguiu de perto a competición e sobre a situación do seu equipo entende que "a súa liña foi boa". Na súa opinión, "hai que apertar nestes partidos que nos quedan para acabar o máis arriba posíbel".