O tope salarialno Celta dificulta as fichaxes de Rafinha ou Miku

Celta Atlético

O club celeste, para garantir a súa viabilidade, ten fixado un máximo salarial para os xogadores.

Foi unha medida adoptada no seu momento pola directiva celeste para evitar que os altos salarios no fútbol de alta competición acabasen por poñer en risco o club. O Celta ten un tope salarial, derivado da Lei concursal na que aínda está inxerido o club celeste. Unha cifra ese tope que estaría nos 600.000 euros: Eis a cantidade máxima que pode cobrar un xorgador celeste (primas por obxectivos aparte)

É un soldo máis que 'digno' mais que, no mercado, evita a contratación de certos xogadoresde interese para o Celta . Isto sería o que estaría a acontecer con Rafinha. O Barça renovoulle o contrato e, como lembra Faro de Vigo, iso fai que o Celta esté en primeira posesión para recibilo en cesión e que esta xoia se 'foguee' en Primeira. Aliás, nai e irmá de Rafinha viven en...Vigo.

Mais a ficha deste xogador ronda os 1,3 millóns de euros. Cantidade inalcanzábel para os celestes. O Celta estaría, segundo recolle Faro, que o Barça asuma parte da ficha e facilitar así a operación.

No que atinxe a Miku, no Xetafe, o seu nome ten soado para acompañar a Charles. Mais o seu salario (un millón de euros) dificultarían a operación.