COMUNICADO DE SS.GG

Este Nadal non haberá o tradicional partido pola oficialidade da selección galega

Xogadoras e xogadores da selección galega

Siareir@s Galeg@s recoñece a imposibildiade de realizar esta clásica xornada de fútbol e reivindicación pola debilidade do colectivo, falla de apoios... Chaman a unha maior “implicación social” polo dereito a competir das nosas seleccións.

 

Este Nadal non haberá a tradicional xornada deportivo-reivindicativa pola oficialidade das seleccións galegas. Un día que tiña nun encontro de fútbol entre unha selección galega e outra convidada un dos seus momentos máis álxidos. Seareir@s Galeg@s, o colectivo que desde 2009 -ano no que Feijóo finiquitou a selección galega rexurdida en 2005- impulsa estes partidos e a xornada de actos anunciou oficialmente que este Nadal non haberá encontro.

SS.GG non escatima explicacións: “A debilidade do coletivo, as dificultades para contar coa participaçom de desportistas, falta de apoios… “ fixeron imposíbel organizar esta cita que xa era todo un clásico nas datas navideñas. Siareir@s considera “vital” que se continúe a reivindicar “o direito a competir de igual a igual co resto de povos do mundo”. Mais para ese obxectivo, enfatizan, fai falla maior implicación social e compromiso. Se SS.GG nace como “expresión” dunha necesidade e vont5ade -ter seleccións nacionais e oficiais-, a súa continuidade só será garantida pola implicación da xente que `partilla ese obxectivo.

Asemblea Aberta

A comezos de 2015 Siareir@s Galeg@s pretende realizar unha asemblea aberta para sumar xente e ideas a este proxecto. “Nom se pode negar que para nós supom umha mágoa nom celebrar esta  jornada, mas aguardamos que esto seja umha oportunidade para voltar a colher força  no caminho da oficialidade para a Galiza”.

A selección galega volveu rexurdir en 2005, grazas ao impulso da Consellería de Cultura e Deportes dirixida por Ánxela Bugallo (BNG). Foi no estadio compostelán de San Lázaro nun 29 de decembro e contra Uruguai, gañando Galiza por 3 tantos a dous. Esta selección galega competiu en anos sucesivos contra Ecuador, Camerún e Irán. En 2009 o Partido Popular gaña as eleccións galegas e entra na Xunta. Unha das súas primeiras medidas, acabar coa selección galega.

Os Siareir@s Galeg@s recollen a luva e manteñen nas etapas de Nadal as xornadas de reivindicación da selección galega e a súa oficialidade. No 2009 xoga unha selección de futbolistas galegos contra o CD Paraguayo. Nos anos seguintes, os enfrontamentos serán contra Palestina (2010), Sahara (2011), Kurdistán (2012) e Occitania (2013). Quen será o rival do 2015?