Jessica Bouzas cae eliminada ante Ajla Tomljanović en Marrocos

Jessica Bouzas nun dos seus partidos en Marrocos. (Foto: JB)
A vilagarciá non tivo opción ante Ajla Tomljanović e agora verase con Navarro en Roland Garros.

O soño de Jéssica Bouzas en Marrocos rematou esta quinta feira ao caer en Rabat ante a croata nacionalizada australiana Ajla Tomljanović por un contundente  1-6 e 3-6. Desta maneira, a tenista de Vilagarcía de Arousa (O Salnés) deixa esta competición en cuartos para centrarse no seu seguinte reto: Roland Garros

Sobre o partido ante Tomljanović, a galega só aguantou unha hora e seis minutos o xogo da súa rival. O dominio da croato-australiana foi total. Unha mostra foi que lle rompeu o saque en tres ocasións.

Ao mesmo tempo que perdía o seu compromiso en Marrocos, Bouzas soubo o nome da súa primeira rival no evento francés. Esta quinta feira, tras o sorteo, deuse a coñecer que sería Emma Navarro, unha tenista americana de 24 anos e seria aspirante ao título.

Será a primeira vez que se vexan as caras no circuíto profesional, xusto  nun dos seus mellores momentos e tras gañar o título do WTA 500 de Mérida. Se consegue superar a rolda enfrontaríase á gañadora do duelo entre a estadounidense Robin Montgomery e a francesa Diane Parry, convidada pola organización.