Iker Trigo, 'agasallo' de Reis especial para o Vigo-Rías Baixas
O Vigo-Rías Baixas anunciou esta segunda feira a primeira fichaxe para a tempada 2025. O biscaíño Iker Trigo únese á estrutura presidida por José Luis Chamorro para ser un dos referentes do novo proxecto flúor. O segundo clasificado a pasada campaña na Volta a Nafarroa procede do Laboral Kutxa, filial do Euskaltel Euskadi profesional.
O ciclista de 23 anos, nacido en Zornotza, demostrou ser un dos mellores escaladores da categoría durante os últimos anos. Gañador da proba vasca Dorletako Ama en 2023, a pasada primavera terminou segundo na Lazkaoko Proba e sexto no Memorial Valenciaga, a clásica máis prestixiosa do calendario estatal elite e Sub-23. A eses resultados hai que sumar as súas actuacións na Vigo Copa de España, unha cita coa que ten un ha relación especial.
Iker Trigo terminou noveno hai dous anos na Madroa e cuarto o pasado mes de maio no Castro. “O meu obxectivo principal é poder subir a profesionais, pero sobre todo gozar e facer un moi bo ano co equipo”, asegurou o ciclista.
Mudar de aires
Despois de defender as cores dos conxuntos Baqué, Gomur e dous anos os do Laboral Kutxa, varios motivos leváronlle a aceptar a proposta da súa nova formación. “Quería cambiar un pouco de aires e desde fóra vese que é un equipo organizado e cun moi bo calendario, algo importante para planificar ben a tempada", sinalou o vasco, "o Vigo-Rías Baixas cumpre á perfección co que busco”, agregou.
O reforzo forma parte das que rexistra o persoal dirixido por Paula Sanmartín e Aitor Bugarín, ademais das cinco renovacións da pasada semana.