CATEGORÍA FEMININA

Herdeiras de Dhais conquista a súa primeira liga de fútbol gaélico

As de Lalín impuxéronse ao Estrela Vermelha por 21-29 nun encontro moi disputado.

 

Herdeiras de Dhais proclamáronse campioas da Liga feminina Galega de Fútbol Gaélico, un título que logran por vez primeira na súa historia. As lalinenses conquistaron o trofeo ao impoñerse este domingo en Compostela ao Estrela Vermelha, que tamén loitaba por erguer o trofeo. Até a capital galega desprazáronse un bo feixe de seareiros dezaos para apoiar as Herdeiras.

 

As Herdeiras impuxéronse por 21-19 nun encontro moi disputado e que se xogou cun gran ambiente de animación nas bancadas. O campión en categoría masculina na liga de fútbol gaélico foi o Estrela Vermelha, que alzou o título a semana pasada.