O Guardés agarda unha festa na Sangriña fronte o Erice
O Mecalia Atlético Guardés prepárase para o retorno da EHF European Cup á Guarda (Baixo Miño). O pavillón da Sangriña acollerá este domingo o primeiro encontro de oitavos de final do torneo ante o Handball Erice italiano na que promete ser unha gran xornada de celebración para o equipo miñoto. Despois de ter que rechazar o seu dereito a actuar como anfitrión nun dos partidos da terceira rolda da competición por motivos económicos, o Guardés poderá vivir por fin o soño europeo coa súa afección na Sangriña.
O partido disputarase este domingo as 19 horas nun encontro moi competido, e para o cal Ana Seabra é "moi especial", para ela sempre o é xogar estas competicións. A adestradora do conxunto miñoto confía no traballo do seu equipo e cree posíbel seguir avanzando rondas, pese a que, asegura, a partir da ronda tres os rivais "son máis fortes" e saben que van ter que "traballar moito para conseguilo", asegura a adestradora portuguesa.
Tamén afirma que aínda que é certo que coñecen ven o seu rival e as súas xogadoras, non hai que esquecer que son as campioas de Italia, a adestradora quixo resaltar a un par de xogadoras do equipo italiano, como Alexandrina Cabral, Alexandrina do Nascimento e a brasileira Gaby Pessoa, a cal estivo nas filas do Atlético Guardés fai cinco tempadas "todas elas pasaron pola nosa liga", tamén remarcou a gardameta Ivana Kapitanovic.
A adestradora sabe que máis alá do deportivo a cita é moi especial para a cidade e para o club. O encontro de volta será en terras italianas o sábado 24, cunha semana de por medio da que non puideron gozar na última ronda da competición fronte o Byala búlgaro por motivos económicos. O encontro vai ser unha festa nas gradas e unha loita na cancha. Co pase a cartos no aire, ninguén vai deixarse nada gardado e o gañador será un claro candidato o título europeo.