Un grupo de activistas bloquea a participación do equipo israelí na Volta
Na metade da etapa cinco da Volta, a primeira que decorreu en territorio estatal logo de comezar en Italia, un grupo de activistas interrompeu a proba contra o reloxo por equipos ao paso do equipo Israel Premier Tech.
Portando simboloxía en apoio do pobo palestino e contra o xenocidio que Israel está acometer en Gaza, cinco manifestantes cortaron esta cuarta feira a estrada cunha faixa na que podía lerse "A neutralidade é complicidade. Boicot a Israel".
Aínda que a protesta, que decorreu en Figueres (Catalunya), estaba anunciada, pouco puideron facer desde a organización para impedila. As motos de seguridade da proba, conducidas por Mossos d'Esquadra, separaron os activistas e a competición continuou o seu curso.
Con todo, aínda que os manifestantes non impediron totalmente o paso o Israel Premier Tech, a protesta si influíu no seu resultado nesta proba contra o reloxo.
Os participantes na protesta foron identificados pola policía e cando menos un deles foi detido.
Actos "perigosos"
"Condenamos os perigosos actos dos manifestantes na etapa cinco da Volta, que non só comprometeron a seguridade dos nosos ciclistas e do persoal da carreira, senón tamén a súa propia", expresou o equipo israelí nun comunicado difundido nas súas redes sociais.
"Israel Premier Tech respecta a liberdade de expresión de cada quen", indican, nunha publicación na que non se poden publicar comentarios ao respecto.
Tamén na Galiza
Na Galiza tamén hai un chamamento a "boicotear" a participación de Israel na Volta. A asociación Galiza por Palestina chama colectivos, asociacións e movementos sociais a mobilizarse durante as etapas galegas, entre o 7 e o 10 de setembro.
O obxectivo é "denunciar o uso do deporte como ferramenta de sportwashing por parte de Israel", país acusado pola ONU, o Consello de Dereitos Humanos e o Tribunal Internacional de Xustiza de "ocupar ilegalmente Palestina, practicar apartheid e cometer crimes de guerra e xenocidio".
Segundo a Convención Internacional contra o Apartheid no Deporte (1985), os estados que manteñen políticas de segregación racial e opresión sistemática non deben participar en competicións internacionais. Así como se boicoteou Sudáfrica racista, "hoxe é a quenda de Israel".
Javier Guillén, director da Volta, xustificou a presenza do equipo israelí alegando que compite por “dereito propio”.
A Volta pasará pola Galiza nas etapas 15 a 17. Concretamente, o 7 de setembro partirá da Veiga até Monforte de Lemos; o 9 de setembro, os ciclistas marcharán de Poio (comarca de Pontevedra) a Mos (comarca de Vigo); e o 10 de setembro sairán do país polo Barco de Valdeorras.
Galiza por Palestina fai un chamamento na Galiza a portar bandeiras palestinas e mensaxes de denuncia do xenocidio durante o percorrido da Volta, "visibilizando así a solidariedade co pobo palestino".
Canal retrocede
O equipo Movistar, no que compite o galego Carlos Canal, logrou a sexta praza na proba por equipos contra o reloxo que se celebrou esta cuarta feira na quinta etapa da Volta a España de 2025. O ciclista natural de Xinzo de Limia descendeu dous postos na clasificación xeral, até situarse na sexaxésimo sétima posición, despois de percorrer 24,1 quilómetros entre a vila italiana de Susa e a localidade catalana de Figueres cunha desviación de 86 metros.
A principal novidade da xornada desta cuarta feira foi que o danés Jonas Vingegaard recuperou o liderado da competición un día despois de que o francés David Guaudu llo arrebatara na cuarta etapa. O equipo UAE Team Emirates-XRG foi o gañador da proba por equipos cun espectacular tempo de 25"26", superando en oito segundos o Visma-Lease e en nove a un Lidl-Trek que tivo o mellor tempo provisional durante gran parte da carreira. Grazas á vitoria de etapa, os españois Juan Ayuso, Marc Soler e o luso Joao Almeida son os primeiros perseguidores de Vingegaard na clasificación xeral.
Os 23 equipos participantes na Volta 25 tomaron a saída da proba por equipos a tarde de preparados para un dos primeiros grandes retos que debían ordenar a clasificación xeral da carreira nesta primeira semana. O tempo de 25"35" del Lidl-Trek de Mads Pedersen, Giulio Ciccone y compañía foi a primeira gran referencia da xornada, e por momentos pareceu que podían triunfar. Aínda que no primeiro punto intermedio (7'56" tras 7,8 kilómetros) foron superados por Ineos Grenadiers, finalmente o equipo de Filippo Ganna e Egan Bernal foi a menos no tramo final e quedouse a 7 segundos na liña de meta.