Gharaboto e Cochiqueros seguen mandando na billarda galega

Xián, de Armadiña, esta fin de semana, xogando en Bueu. (Foto: LNB).
A Liga Nacional de Billarda chega á súa sexta xornada xogando en interiores.

Sexta xornada da Liga Nacional de Billarda. Na conferencia Rías Baixas realizouse no pavillón de Beluso, en Bueu (O Morrazo) cun gran éxito de participación, 81 deportistas, a máis alta desde que existe a competición federada.

O gran triunfador da tarde foi Gharaboto, tanto co Equipo A como co Equipo F. A distancia cos outros dous grandes da Conferencia non foi moita, apenas 3 puntos, polo tanto, as forzas continúan igualadas.

Agora, o equipo de Marín ten catro puntos máis ca Lúa de Forza e oito máis que Corredoiras. Nas primeiras posicións da táboa Absoluta seguen Xan Rodiño (141 puntos) e Álvaro Otero (128 puntos). Na Categoría Feminina, regresou Antía Balea despois da súa ausencia na anterior xornada e volveu para apertar máis os postos de podio.

Ademais, foi a que máis puntos fixo co cal recuperou posicións. Xa se sitúa segunda a nove puntos de Bego Ríos. 

Na conferencia noroeste decorreu tamén en interior, no pavillón do IES Agra de Leborís, na Laracha (Bergantiños). Entre os equipos, segue confirmando o seu gran momento de forma Cochiqueiros e ganou con solvencia a xornada, conseguindo nada máis e nada menos que 90 puntos. Campo da Feira, pola súa parte, soubo sortear o temporal, nunca mellor dito, de vento que lle veu enriba.

Na clasificación Individual Absoluta, Carlos Pardo Fernández Bonxe (24 puntos) mantén o liderado distanciándose de Abel Ponte (21 puntos) en 10. Na Categoría Feminina, a cousa complicouse, pois a líder Irene Rivas veu como se lle acercaban tanto Delia Basanta Cornide como Merche Castro Rama, á primeira recortoulle 1 punto e á segunda tres puntos.