O Deportivo vence 2-3 á Real Sociedade B nun encontro difícil para os galegos
O Deportivo selou un triunfo costoso fronte á Real Sociedade B (2-3) este domingo, 1 de marzo. Stoichkov, que non era desde xaneiro titular no equipo, foi o encargado de abrir o marcador para os galegos no primeiro minuto por un erro do gardameta local no seu despexe. Mais o marcador non tardaría en decantarse polos locais, que impuxeron o seu xogo e conseguiron empatar o partido no minuto 23 por un gol de Astiazaran.
A Real B, tras tres vitorias consecutivas adueñouse do encontro e marcou outro tanto, dándolle a volta ao marcador (2-1) no minuto 59 con gol de Ochieng. Quedaba pouco tempo para reaccionar e Bil Nsongo anotou o segundo tanto para os coruñeses no minuto 83. Tras un centro de Quagliata, o delanteiro do Fabril recolleu o rechace e revolveuse para cruzar a rede e marcar o 2-2.
A vitoria coruñesa non sería posíbel sen o tanto de Mariano Soriano no tempo de desconto 90+4, un chute que lle permite ao Deportivo voltar á Galiza con tres puntos.