O Deportivo celebra coa afección o 25º aniversario dun histórico título de Liga

Estadio de Riazor, na Coruña. (Foto: RC Deportivo)
O Goberno coruñés organizou varias actividades para a semana vindeira.

A cidade da Coruña vestirase de branquiazul con múltiples actos entre o 19 e o 31 de maio para celebrar o 25º aniversario de gañar a liga. O Goberno municipal preparou unha conmemoración que comezará o mesmo día, 25 anos antes, de conseguir en Riazor ante o Espanyol ser campión de liga. 

Ese día instalarase unha exposición fotográfica no Obelisco, que permanecerá aberta até o 31 de maio. Constará de imaxes de arquivo dos fotógrafos Mero Barral e Jesús Sancho cos momentos máis simbólicos da conquista da Liga. Ademais, o 23 realizarase no auditorio do Centro Sociocultural Ágora unha charla-proxección e a presentación do libro.

O mellor que me pasou na vida, unha compilación de relatos de xogadores coma Scaloni, Djalminha, Makaay ou Fran; xornalistas coma Óscar Benito, Moncho Viña ou Nacho Carretero; ou unha entrevista a Guillermo, do grupo La Mosca Tsé-Tsé, que contan como viviron este fito histórico.

O acto central, o sábado 24 en Riazor na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, haberá polbeira, foodtrucks, xogos tradicionais para os máis pequenos, torneo de futbolín, monólogos, material exclusivo e o humor e da man de Roi da Costa e o espectáculo de 'Depor Locura'. Durante a xornada o deportivismo terá a posibilidade de fotografarse coa réplica da Copa de Liga, cedida para a ocasión polo club.

O gran feche contará coa actuación de La Mosca Tsé-Tsé (a partir das 22.00 horas), intérpretes do himno espontáneo da celebración ligueira Yo te quiero dar. Xunto a eles, Orquestra Bravú Xangai, La Banda del Camión, Mar de Fondo, Kike Varela e la Yaya DJ.