O Deportivo cede Petxarroman ao Andorra con opción a compra

Petxarroman en rolda de prensa. (Foto: RC Deportivo)
O lateral vasco de 28 anos, despois dunha campaña sen grandes números no Real Club Deportivo, regresa á entidade que marcou a súa anterior etapa.

Alexander Petxarroman xogará a vindeira tempada no Andorra. O lateral vasco de 28 anos, despois dunha campaña sen grandes números no Real Club Deportivo, regresa á entidade que marcou a súa anterior etapa. No club herculino, desde a súa chegada, tivo 1.500 minutos en 28 partidos, ademais sen goles e con dúas asistencias na súa conta. Por este motivo, a entidade que preside  Juan Carlos Escotet  tomou a determinación de cedelo con opción a compra ao club andorrano. 

O donostiarra medrou profesionalmente co filial da Real Sociedade ascendendo a Segunda División. Despois fichou polo Athletic nunha etapa na que non tivo moitos minutos no campo mais chegou a debutar en Primeira División. Na campaña 2022-2023 chega ao Andorra en calidade de cedido con quen  disputou 13 encontros como consecuencia de varias lesións. Con todo, o Andorra adquire os seus dereitos e ao ano seguinte participou en 31 partidos, un gol ante o Albacete e tres asistencias. 

Adestramento

O Dépor realizou esta quinta feira na súa Cidade Deportiva un ensaio xeral de cara ao partido de pasadomañá ante o Granada CF (Nuevo Los Cármenes, 21.30 horas) con motivo da 1ª xornada de liga. Na sesión, que contou tamén coa presenza do fabrilista Damián Canedo

Así mesmo, os servizos médicos do club confirmaron que Jose Ángel Jurado ten unha lesión muscular na coxa dereita polo que estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de pasar á fase de readaptación, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo. Por este motivo o centrocampista branquiazul está con adestramento personalizado. Ximo Navarro, pola súa parte, fai tarefas co grupo e tarefas co readaptador.