O Dépor Abanca confirma a súa permanencia na Liga F tras empatar co Sevilla en Riazor

O Dépor Abanca volverá competir na Liga F. (Foto: RC Deportivo)

Un gol de Bennett no tempo de desconto certificou a presenza do conxunto coruñés na máxima categoría do fútbol feminino.

O Dépor Abanca e o Sevilla FC asinaron un empate (1-1) en Riazor nun partido decisivo que confirmou a permanencia do equipo galego na Liga F. Ambos os conxuntos saíron ao terreo de xogo conscientes da importancia do encontro. O cadro andaluz anotou a primeira oportunidade de gol tras unha saída precipitada de Inês, mais o disparo marchou desviado.

Con todo, o Dépor reaccionou rápido e nos minutos posteriores Ainhoa, xogando a banda cambiada, completou varios desmarques que obrigaron o Sevilla a reorganizarse en defensa. Non impediu que Mariña, Ainhoa e Samara volvesen chegar á portería se Sullastres, mais sen que nada cambiase no marcador.

No 35, o Sevilla respondeu cun man a man de Padilla-Bidas con Inês, que liquidou a portuguesa sen problemas. Antes do descanso, o Dépor volveu rozar o gol en dúas ocasións, a máis clara, unha de Millene,  regateando a Sullastres e definindo coa perna esquerda ao lateral da rede.

Dous goles no desconto

No segundo tempo o Dépor tomou a iniciativa e dominou a posesión nos primeiros compases, á que Fran Alonso axudou coa remuda de vaias xogadoras que non lograron desatascar o xogo, máis discreto que na primeira metade.

Xa co minuto 90 cumprido e cando parecía que o partido non deparaba ningún cambio no marcador, F. Kanteh silenciou Riazor cun gol ao remate dun córner. O Sevilla colleu vantaxe mais o Dépor non cedeu e só dous minutos despois logrou empatar o partido por medio de Elyse Bennett. Con este resultado, o Dépor Abanca alcanza os 27 puntos e confirma matematicamente a súa permanencia na liga F, a máxima categoría do fútbol feminino.