O Dépor Abanca asegura a súa continuidade unha tempada máis na Liga F

O Dépor Abanca continúa na Liga F. (Foto: RC Deportivo)

A falta de 5 partidos, 15 puntos en xogo, para o Alhama CF, que caeu este sábado 4 de abril coa Real Sociedad e que marca agora mesmo a posición de descenso, as branquiazuis teñen 17 puntos de vantaxe.

O Dépor Abanca logrou o primeiro obxectivo marcado da temporada, a salvación matemática, sen nin sequera xogar o seu partido correspondente a esta 25ª xornada, este domingo 5 de abril na Cidade Deportiva Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid.

As branquiazuis logran un fito na súa historia ao alcanzar a terceira temporada consecutiva na máxima categoría do fútbol feminino estatal. Un logro que fala de esforzo, constancia e un compromiso inquebrantable. 

A falta de 5 partidos, 15 puntos en xogo, para o Alhama CF, que caeu este sábado 4 de abril coa Real Sociedad e que marca agora mesmo a posición de descenso, as branquiazuis teñen 17 puntos de vantaxe.

Así, o Dépor Abanca saltará ao campo da Cidade Deportiva Alcalá de Henares coa tranquilidade do deber cumprido, pero tamén co orgullo de quen loitou cada minuto para gañarse ese dereito.

A partir de agora, tal e como advertiu Fran Alonso na súa rolda de prensa previa, "somos un equipo que o constante crecemento forma parte do noso ADN. Porémonos un novo obxectivo".