Corredoiras gaña en Sanxenxo e Albino Veiga segue líder na Individual

O Campo de Billarda de Nantes, en Sanxenxo (O Salnés) acolleu esta xornada. (Foto; LGB)
A Conferencia Rías Baixas da Liga Galega de Billarda acolleu esta fin de semana a novena xornada.

O Campo de Billarda de Nantes, en Sanxenxo (O Salnés) acolleu esta fin de semana a novena xornada Conferencia Rías Baixas da Liga Galega de Billarda. Nela, Corredoiras conseguiu gañar empatando con Gharaboto mais facendo valer a puntuación do seu máximo anotador: Salvador Santo 'Charri', con 24 puntos. O terceiro posto foi para o equipo local de Lúa de Forza.  

Nas puntuacións individuais, 'Charri' foi quen conseguiu a maior puntuación e na clasificación Feminina, dominou a infantil Antía Balea, con 19 puntos, polo que tamén levou a Individual Infantil.

Podios da xornada

O podio da xornada quedou con Albino Veiga, de Valpaços, de primeiro, seguido de Xan Rodiño, de Lúa de Forza, e terceiro Álvaro Otero, de Gharaboto. 

En categoría Feminina, venceu Antía Balea, de Gharaboto, segunda foi Lu Torres, de Lúa de Forza, e terceira Chefa Ruíz, de Corredoiras. En Infantil, gañou Gael Solla, de Armadiña de Combarro, segunda Sofía Montero, de Gharaboto e terceira Gabri Sanchez, de Valpaços.

Clasificación xeral

Sumados os puntos da xornada nas xerais non houbo moitos cambios, agás o ascenso de Charri até a terceira praza. Na Individual Feminina, Antía Balea achegouse a Bego Ríos.

Na categoría de Equipos, Corredoiras reivindicou o seu papel de candidato a todo e achegouse a seis puntos de Lúa e a  trece do líder, Gharaboto. Na categoría de Equipos Femenina, pola súa parte, Gharaboto F. domina a clasificación con Valpaços F, de momento, como única alternativa.

A billarda volverá ás Rías Baixas, segundo informan desde  a sección deste deporte na Federación Galega de Deporte Autóctono, o 1 de febreiro en Poio (comarca de Pontevedra).