O Burela FS derrota o Melilla Torreblanca e gaña a súa sétima Copa da Raíña
O Burela FS alzou este domingo a súa sétima Copa da Raíña tras vencer 2-3 o Melilla Torreblanca nun encontro moi intenso, disputado no Palacio dos Deportes de Cartaxena, onde o equipo galego contou co apoio da afección da Mariña máis tamén de representantes institucionais como Efrén Castro Caloto, vicepresidente da Deputación de Lugo, e Carmela López Moreno, alcaldesa de Burela.
O conxunto feminino do Burela venceu nun partido que desde o primeiro minuto amosou un xogo moi parello. Un disparo desviado de Dinha no minuto tres foi o primeiro tiro a porta do encontro e do conxunto galego, contestado segundos despois polo Melilla nunha falta perigosa por man de Cami.
A presión alta do Melilla non permitía avanzar o Burela. Salvouna sobre a liña Caridad tras un saque de banda no que o balón toca en Antía na súa traxectoria cara a portería, desviando o balón cara a dentro, pero a porteira gaditana logrou atrapala e volveu intervir no minuto 6 negando o primeiro tanto do partido a Bía Souza para o Melilla.
O Burela logrou aumentar a presión e manterse na área rival. Rematou Antía Pérez cun disparo cruzado que marchou pasando o segundo pau no minuto 12. Despexou Caridad no 13 nun cara a cara con Silvina e segundos despois case anota o primeiro Dinha tras unha boa transición pola banda un disparo cruzado que desvía Bía a córner.
Descanso e sen goles
Continuou o xogo parello e as dificultades para chegar a portería por parte de ambos os dous equipos con intercambio de oportunidades mais ningún gol que celebrar antes do descanso. No segundo tempo os equipos saíron con forza e tras dúas pequenas ocasións tena Emilly no minuto 22, que dispara a porta, pero Bía despexa a córner. Váiselle a Jane desviado tras un bo contraataque e chega o 0-1 para o Burela, cun gol de Antía Pérez nun erro de entendemento entre Bía e Jane que regala o balón á xogadora ourensá, que remata desde a área sen porteira.
No 28 Silvina empata o encontro, só un min un minuto despois aproveitando a situación de inferioridade do Burela, con 3 xogadoras, tras a expulsión de Emilly por dobre amarela. A emoción crece e no minuto 30 dobre ocasión, unha de cada equipo, cun bo contraataque de Dany que dispara e saca co pé Bía e posteriormente cun contragolpe de Amandinha que non logra superar a Caridad cun balón picado.
No minuto 32 o Burela logra adiantarse de novo cun tanto de Patricia tras unha gran xogada de Antía que a rouba e combina con Noelia Montoro. O terceiro chegou un minuto despois, un gol de Carolina Pedreira tras un disparo desde fóra da área que toca na Ana Luiza desviando a traxectoria do balón e entrando na portería.
Foi entón cando o melilla elevou a presión, con xogo de 5, con Juliana de porteira-xogadora no minuto 35 e no 37 quinta falta do Burela. Varias ocasións consecutivas das melillenses non lograron superar a defensa burelense. Dous disparos afastados do Burela non atoparon a portería baleira do Melilla que seguiu á procura dun tanto que chegou a 10 segundos do final cun gol de Bía Souza nun disparo cruzado que entra xunto ao pau nunha presión con porteira-xogadora.
Tras dez longos segundos finais o partido rematou co 2-3 e a sétima Copa da Raíña para o equipo feminino do CD Burela FS.