13 e 20 de abril, os duelos do Celta co Genk belga nos cuartos de final da Europe League

Non hai tregua nen respiro. Após desfacerse con clareza dos rusos do Krasnodar, o Celta pensa xa no Genk belga, a equipa que lle deparou o sorteo realizado esta sexta feira en Nyon para disputar os cuartos de final da Europa League. Claro que antes diso agarda #onosoderbi este domingo en Riazor (18.30 horas).

Os emparellamentos dos cuartos de final da Europe League son os seguintes:

Celta-Genk.

Anderlecht-Manchester United

Ajax de Amsterdam-Schalke 04

Lyon-Besiktas.

Como xa aconteceu nas últimas dúas eliminatorias, o Celta disputará a ida en Balaídos, o 13 de abril. Unha semana despois, o 20A, a equipa viguesa visitará o Luminus Arena de Genk.

En teoría, estamos perante un rival asequíbel para a equipa de Berizzo. O Genk é neste momento oitavo na liga belga. Porén, non hai moita marxe para a confianza: o combo que dirixe o holandés Albert Stuivenberg é particularmente perigoso no seu feudo, onde se impuxo con relativa comodidade ao Athletic de Bilbao na fase de grupos, e dispón de futebolistas a ter en conta como o sevillano Pozuelo -un zurdo con bon manexo da bola- e o dianteiro tanzano Samatta que leva anotado 18 tantos no que vai de curso.