O Val da Limia reflexiona sobre As Conchas

Encoro das Conchas (CC)

O Comité pola Memoria Histórica do Val da Limia organiza, con motivo do 70 aniversario da inauguración do embalse das Conchas, unha xornadas para analizar a súa problemática, que terán lugar ás 18 horas de hoxe no Pub Gallaecia, en Mugeimes. 

«Os grandes embalses. Progreso ou retroceso?» é a pregunta que dá lugar aos actos, artellados arredor dunha mesa redonda que modela Lisardo Domínguez e na que tomarán parte o profesor de xeografía Xosé Constenlao; o investigador Manuel Riveiro; o arqueólogo Davide Pérez; e Daniel Rodicio, representante da plataforma Auga Limpa Xa!

A este debate seguirán proxeccións audiovisuais sobre o embalse e a actuación musical de Andrés Fernández.