Tímpanos medievais da Galiza: Santiago de Cereixo, a representación da 'Translatio', obra única

Tímpano da porta sur de Santiago de Cereixo. (Foto: Xan Fernández Carrera)
Ao fondo da ría de Camariñas, na marxe esquerda do río do Porto, onde desemboca o rego de Carnés, sitúase a igrexa parroquial de Santiago de Cereixo. Nela sorpréndenos unha das portadas máis singulares do románico galego, no seu tímpano móstrase a única representación en pedra que hai na Galiza do traslado do corpo do Apóstolo Santiago. Pero a acolledora aldea de Cereixo conserva varios atractivos patrimoniais máis, como as Torres, un muíño de mareas, un carballo centenario e unha contorna harmónica e ben coidada. Cereixo non é a única igrexa románica da ría de Camariñas. Vindo de Moraime pola costa podemos visitar San Pedro de Leis e logo, na outra banda da ría, Santa María de Xaviña.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.