Sermos Galiza publica en aberto o A FONDO sobre Carvalho Calero
O 26 de marzo de 2015 o semanario Sermos Galiza saía á rúa cun A FONDO especial sobre Ricardo Carvalho Calero con motivo dos 25 anos do seu falecemento. Recuperamos o monográfico cando a Real Academia Galega vén de dedicir que o ferrolán sexa a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020.
No monográfico, ademais dun resumo de parte da súa obra, recóllese un artigo de Xoán Costa, comisario da exposición "Carvalho Calero: de puño e letra", que fai un percorrido pola traxectoria vital do homenaxeado; outro de Bruno Lopes Teixeiro, membro da Fundaçom Artábria, en relación á opción ortográfica defendida por Carvalho Calero, e outro pola escritora e profesora da UDC María Pilar García Negro, que convida a ler a obra do ferrolán "sen caricaturas".
O especial complétase con pequenas entrevistas a mozas e mozos para saber que coñecían e que leron de Carvalho Calero e que representaba para elas e para eles.
O A FONDO pode descargarse nesta ligazón.