Os Premios Luísa Villalta recoñecen oito proxectos pola igualdade social
O xurado dos VII Premios Luísa Villalta anunciou esta segunda feira os oito proxectos pola igualdade galardoados nesta edición. As persoas do xurado, presidido pola deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra, valoraron especialmente a coherencia metodolóxica, a calidade artística e o forte impacto social das propostas premiadas. Estes proxectos "non só visibilizan desigualdades; tamén ferramentas e relatos novos para combatelas", destacou a deputada.
Entre as propostas premiadas están Espontaneadas, de Martela Films; A ditadura é un señor con bigote, de Montse Fajardo; Virando o rosa, de Diana Fajardo; Non precisamos perdoar, de Eugenia Manuela Sanmartín; Non damos puntada sen fío, de Chiripa Producións; En loita, A voz das mulleres na oposición antifranquista, de Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil; Saúde, pracer, república e terra en malva, de Feitoría Verde Sociedade Cooperativa Galega, e Tecelás da Terra. Sementes con memoria e futuro, de Tania Merelas.