María Reimóndez gaña o I premio Fernández Paz de Narrativa
28 de outubro de 2017 (10:41 h.)
A obra premiada é ‘Fóra do normal’
A escritora María Reimóndez é a gañadora do I premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, polo Concello de Vilalba e por Edicións Xerais.
‘Fóra do normal’ é o título da obra gañadora. O xurado destaca nela o tratamento da temática trans, dos personaxes e da banda deseñada como camiño de comprensión do mundo, así como o valor de contar con heroes á hora da superación do conflito.
O xurado estaba composto por Marica Campo, Manuel Bragado e Xabier Puente Docampo