ENTREVISTA EN IRMANDADE TV EN OUTONO DE 2013
Unha longa conversa con Francisco Carballo
29 de novembro de 2014 (20:54 h.)
Irmandade TV realizou unha das últimas entrevistas a Francisco Carballo. Foi en outono de 2013
Carballo deixou ver o seu enorme maxisterio, e a sua extraordinaria autoridade en materias como a teoloxía e a historia, nunha longa entrevista no programa Caleidoscopio, conducido por Pedro Alonso.
Reproducimos a seguir a conversa que nos achega o pensamento de Carballo sobre os asuntos aos que dedicou a súa vida como home de ciencia, historiador, e tamén como persoa comprometida coa causa da liberación nacional e social da Galiza.