O histórico director de Cineuropa, excluído da licitación por defecto de forma
02 de xullo de 2019 (13:02 h.)
José Luis Losa non dirixirá a edición número 33 do festival Cineuropa de Santiago de Compostela. A súa proposta quedou excluída do concurso por un defecto de forma. Unha empresa madrileña fíxose coa licitación e, por primeira vez na historia do certame, pode mudar a súa dirección.
Había dez anos que a proposta de Losa non tiña competidores non concurso público do Concello de Santiago. Mais desta volta, segundo a información adiantada por medios locais esta segunda feira, si o fixo La Tropa Produce, compañía madrileña que organiza os premios Feroz, o Festival de Alcántara ou o Cine de Verán Conde Duque.
O proceso de licitación do festival aínda está aberto.