Daniel Pérez Silva leva ao cinema a sonoridade da cidade herculina

Daniel Pérez Silva presenta a súa curta en Intersección, na Coruña. (Foto: Dano)
O director estrea 'A voz de todas as cousas' 
O cineasta de Boiro (O Barbanza), Daniel Pérez Silva,  presentou onte a súa nova curta A voz de todas as cousas, unha carta de amor á cidade e un concerto no Jazz Filloa que converten a peza nunha experiencia sensorial. A obra é o único filme galego que estivo presente na Sección Internacional do festival Intersección, que acolleu a súa estrea mundial na Filmoteca da Galiza. 

Na curta, o escenari0 é a cidade na que Daniel Pérez vive desde hai anos e que recolle desde unha lente nostálxica, mostrando aqueles espazos escondidos que rompen con todo, como o Jazz Filloa, un lugar mítico na noite coruñesa.   A peza lembra os sons da cidade, en especial aqueles que pasan desapercibidos no día a día da xente. O cineasta explora nesta obra, como é habitual na súa filmografía, a relación entre as persoas e os espazos que habitan indagando sobre como se constrúen as memorias e as pegadas que deixan. Xa o fixo con Garza, a súa primeira curta. En A voz de todas as cousas, catro músicos de jazz tocan nun club da Coruña. Comunícanse a través de olladas e silencios. Unhas descricións habilidosas sobre as rutinas da cidade, os camións do lixo ou a luz do faro aparecen nas escenas máis relevantes da curtametraxe.

Daniel Pérez Silva é escribiu e dirixiu as súas curtametraxes: Garza, Persoa, Pobo, Paisaxe e Viaxar aos teus recordos é buscar pelexa. Todas estiveron presentes en festivais internacionais. Cando "falo de cine, música ou libros coa miña nai dime que ela o único que lles pide é que non a deixen indiferente. Que lle gusten, que non, que a fagan chorar ou rir", responde o director.