Axenda chea de ofertas: contacontos, mulleres repentistas, música a eito e até pintura
Haivos de todo nesta finde. Botádelle un ollo á oferta.
Sexta feira
Contacontos ilustrado en homenaxe a Maruxa Mallo
Pontevedra
Biblioteca Pública Antonio Odriozola
18.00h
Sesión de contos e un obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento. Unha actividade en que se celebra o Día da Ilustración.
A maleta de Don Attilio
Arteixo
Auditorio do Centro Cívico Cultural
18.30h
Espectáculo de teatro infantil da compañía Viravolta con amores (im)posíbeis entre unha marioneta de luva fina e unha marioneta pobre.
Fitness
Vigo
Rúas de Vigo
18.00h
A pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos para interactuar cos transeúntes. Espectáculo teatral da compañía Ibuprofeno Teatro.
Sábado
I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza
Vila de Cruces
Auditorio Xosé Casal
O encontro nace coa finalidade de destacar a vitalidade actual da regueifa como actividade artística e comunicativa. A xornada inclúe unha asemblea de mulleres repentistas, obradoiro de regueifa feminista, espectáculo de improvisación en verso, homenaxe á brindeira Angelita de Baño e á cantareira e pandereteira Xosefa de Bastavales e unha foliada final.
IV Serán Pousos da Area
Marín
Multiusos do Mercado de Abastos
18.00h
Postos de artesanía, xogos tradicionais para crianzas e maiores, serán con orella, chocolate con rosca e queimada co tradicional conxuro.
Luar na Lubre
Santiago de Compostela
Auditorio Abanca
21.00h
O primeiro concerto da xira "XXX Aniversario", preséntase con convidados especiais como a Coral de Ruada ou Ismael Serrano, entre outros.
Sés
Ourense
Teatro Principal
20.30h
Concerto de presentación do seu cuarto e máis recente traballo discográfico, Opoñerse á extinción, cargado de forza, orgullo e vitalismo.
Toda a fin de semana
Exposición Correa Corredoira
A Coruña
Fundación Luís Seoane
Aberta até o 21 de maio
Exposición en que se ofrece unha retrospectiva da obra de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952). A mostra abrangue a súa produción pictórica e amosa un centenar de obras dun artista que formou parte de colectivos como Atlántica ou iniciativas como Gruporzán. Unha figura fundamental para entender a arte e a cultura desenvolvida en Galiza.