A Asociación Galega de Editoras crea o premio Editio á promoción do libro galego
O premio desta edición recaerá na libraría Cartabón de Vigo, que este ano vén de celebrar os 40 anos de actividade.
A Asociación Galega de Editoras crea o Premio Editio. Celebrarase cada 17 de decembro, Día da Edición, e o galardón recaera nunha entidade, empresa ou persoa que, a xuízo da Xunta Directiva da AGE, se distinguiran pola promoción, a defensa da cultura e a propiedade intelectual en xeral e do mundo do libro galego en particular.
A libraría Cartabón de Vigo será a primeira entidade na que recaia este premio, "por ser un referente na promoción da literatura e do libro galego, e que neste 2025 vén de celebrar o seu 40 aniversario".
O acto de entrega do galardón terá lugar esta cuarta feira, 17 de decembro, Día da Edición, ás 19.00 horas., no Hotel Monumento San Francisco de Compostela.
Asistirán diversas autoridades, ademais de representantes das entidades do sector do libro e das editoriais asociadas a AGE.