46 anos do pasamento de Blanco Amor

Homenaxe Blanco Amor, no cemiterio de San Francisco, esta segunda feira. (Foto: Deputación de Ourense)

A cidade de Ourense homenaxeou o escrito da Esmorga cunha ofrenda floral.

O cemiterio de San Francisco  acolleu esta segunda feira a tradicional homenaxe o escritor ourensán Eduarda Blanco Amor, como cada primeiro de decembro coincidindo coa data do pasamento do intelectual.

Como xa é habitual, o alumnado do instituto de Ourense que leva o nome do escritor da Esmorga leu varios poemas do autor fronte a súa tumba, pechando a súa lectura cunha ofrenda floral. No acto participou o deputado da Deputación de Ourense, José María Lago, en representación da institución.

Lago puxo en valor "o legado cultural" do autor no 46 aniversario do seu pasamento e o "labor de preservación" que fai a Fundación Eduardo Blanco Amor, organizadora da homenaxe.

Blanco Amor, nado en Ourense en 1897, é un dos escritores máis recoñecid0s e lidos da literatura galega. Sufriu o exilio en Bos Aires, debido á defensa da República durante a Guerra Civil, nel escribirá moitas das súas obras pondo o foco na crítica social, nas personaxes marxinais e na súa cidade natal.