NOVA VERSIÓN
Dispoñíbel para descarga o Firefox 12 en galego
26 de abril de 2012 (02:07 h.)
A última versión do navegador achega novidades
Mozilla xa puxo a disposición para a súa descarga a versión en galego do navegador web Firefox 12 para Windows, segundo informa o portal Código Cero.
Segundo esta web, o Firefox 12 achega novidades como que “permite o salto de liña no atributo de título, mellora a función de busca dentro das páxinas ou que os enderezos web pegados no xestor de descargas iniciarán a súa descarga de xeito automático”.