Denuncian o "deterioro e abandono" do petróglifo Outeiro do Cribo

(Foto: Auga Vida)

O colectivo Auga Vida denuncia a situación de progresivo deterioro e abandono do petróglifo Outeiro do Cribo, en Meis, comarca do Salnés. “Estamos ante un dos exemplares singulares de laxe con gravados”, sinalan e denuncian o “abandono” por parte da Xunta da Galiza e do Concello.