Boluarte nega ser responsábel dos asasinatos pola represión policial e militar no Perú
08 de xuño de 2023 (08:21 h.)
A presidenta peruana Dina Boluarte rexeitou na madrugada desta cuarta feira na Fiscalía calquera responsabilidade pola morte de arredor de 50 persoas froito da represión militar e policial das protestas que pedían eleccións inmediatas, chegando a afirmar que tivo coñecemento delas polos medios de comunicación. Pola súa parte, o equipo legal das vítimas denunciou que o interrogatorio da Fiscalía "deixou moito que desexar".