GALERÍA | Desactivada a Situación 2 no incendio da Pobra do Brollón, que queimou 900 hectáreas
28 de agosto de 2025 (10:16 h.)
A loita contra os incendios na Galiza continúa avanzando. Nas últimas horas Consellaría do Medio Rural deu por controlados tres incendios, entre eles o maior lume rexistrado na historia do país, o de Larouco, cunhas 30.000 hectáreas afectadas. Na Pobra do Brollón, onde se queimaron máis de 900 hectáreas, desactivouse a Situación 2.