GALERÍA | Así decorreu o 25-N na Galiza: declaracións institucionais, performances, andainas e manifestacións

O Concello de Rois estreou este sábado 25 de novembro, Día contra a Violencia Machista, un vídeo institucional no que a veciñanza do municipio manifesta o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres. (Foto: Concello de Rois)
O Concello de Ames (comarca de Compostela) conmemorou o 25-N coa lectura dun manifesto institucional diante da Casa do Concello. A continuación, a Plataforma Feminista de Ames levou a cabo unha performance, que amosou os anceios e as esperanzas de cada unha das 52 mulleres que foron asasinadas por mor da violencia de xénero en 2023. (Foto: Concello de Ames)
Abegondo (comarca da Coruña) acolleu a X Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio baixo o lema, “Ante a Violencia de Xénero As Mariñas di NON”. (Foto: Concello de Abegondo)
Na Alameda de Talo Río de Soutomaior (comarca de Vigo) tivo lugar a concentración en repulsa ás violencias machistas que o concello organizou para este 25-N, Día Internacional Contra as Violencias Machistas. (Foto: Concello de Soutomaior)
O Concello de Paderne (As Mariñas) abriu as súas portas nesta mañá do 25 de novembro para acoller un acto co que quixeron reiterar o seu rexeitamento á violencia machista. (Foto: Concello de Paderne)
A Pobra do Caramiñal (O Barbanza) condenou as actitudes machistas cos actos centrais que marcaron o punto final á programación da campaña municipal Desmárcate! que se viviu con intensidade ao longo de todo o mes. Uxía Morán representou no Cantón da Leña a 'A última cea'. (Foto: Concello da Pobra)
Concentración este 25 de novembro en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
A Marcha Mundial das Mulleres representou en Ourense a violencia institucional á que se ven sometidas as vítimas para romper co círculo da violencia. (Foto: Nós Diario)
Concentración decorrida na mañá deste sábado 25 de novembro en Pontedeume (comarca de Eume). (Foto: Nós Diario)
Manifestación este 25-N en Vilagarcía de Arousa (comarca do Salnés). (Foto: Nós Diario)
Conmemoración do 25-N en Rianxo (O Barbanza), organizada por Galiza Nova Barbanza e a Marcha Mundial Mulleres. (Foto: Nós Diario)
A praza do Concello de Redondela (comarca de Vigo) acolleu no mediodía deste sábado 25 de novembro o acto institucional co gallo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. (Foto: Concello de Redondela)
Un cento de persoas participaron este 25-N na Marcha pola igualdade contra a violencia de xénero en Narón (Ferrolterra). (Foto: Concello de Narón)
Centos de persoas saíron as rúas de Vigo neste 25-N. (Foto: Adrián Irago Europa Press)
A manifestación de Compostela enchegou a praza das Pratarías. (Foto: Nós Diario)
Mobilización en Lugo con motivo do 25-N. (Foto: Nós Diario)
Manifestación en Ourense con motivo do Día Mundial contra a Violencia Machista. (Foto: Nós Diario)
Concentración este 25 de novembro en Ribadavia (O Ribeiro). (Foto: Nós Diario)
Concentración este 25 de novembro en Betanzos (As Mariñas). (Foto: Nós Diario)
Concentración este 25 de novembro no Val Miñor (comarca de Vigo). (Foto: Nós Diario)