Marcha pola autodeterminación

A manifestación finalizou na Praza da Quintana (Europa Press)
A catedral de Santiago foi testemuña da concentración (Riobó Prada / Nós Diario)
A organización cifrou a asistencia en máis de mil persoas (Arxina / Nós Diario)
Cabeceira da marcha ao seu paso pola Praza de Galiza (Arxina / Nós Diario)
A asistencia á manifestación congregou xente de todas as idades (Arxina / Nós Diario)
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi unha das personalidades do nacionalismo que apoiaron o acto pola autodeterminación de Galiza (Arxina / Nós Diario)
Un momento da marcha que partiu da Alameda compostelá (Arxina / Nós Diario)
O apostolo Santiago, sobre a Porta Santa, á chegada da manifestación á Quintana (Arxina / Nós Diario)
Durante o percorrido cumpriuse en todo momento cos protocolos anticovid-19 (Arxina / Nós Diario)
Ao termo do acto cantouse o himno nacional (Laura Barcala / Nós Diario)
A actriz Isabel Risco conduciu o acto final, que contou coas actuacións de Jasper e Rodrigo Ramos (Laura Barcala / Nós Diario)
A portavoz de Vía Galega María Xosé Bravo tamén interveu no acto final da Quintana (Laura Barcala / Nós Diario)
O manifesto final foi lido pola actriz Neves Álvarez e polo escritor Suso de Toro (Laura Barcala / Nós Diario)
A manifestación, polo centro compostelán (Laura Barcala / Nós Diario)
Outro momento da marcha pola zona vella de Compostela (Laura Barcala / Nós Diario)

A plataforma Vía Galega marchou este domingo, 18 de abril, polas rúas de Compostela co fin de recalcar que "Galiza é unha nación, un pobo con dereitos" e reclamar o dereito de autodeterminación.