ÁLBUM | Miles de persoas acoden ao plenario de Queremos Galego
17 de novembro de 2024 (16:51 h.)
Milleiros de persoas ateigaron a praza da Quintana de Compostela na mañá deste domingo, 17 de novembro, en resposta á convocatoria da plataforma Queremos Galego que, baixo o lema 'Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego', chamou a un plenario aberto a todas as entidades e persoas interesadas na defensa da lingua. No acto interviron o músico e escritor Xurxo Souto, a xornalista Tareixa Navaza, e o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira.