Ás 18.30 horas partiu da praza de América a multitudinaria manifestación convocada por Vía Galega para exixir a oficialidade de todos os combinados deportivos da Galiza.
Custou máis de oito anos, pero, por fin, a selección galega de fútbol -exclusivamente a masculina, iso si- porá fin ás 20 horas de hoxe á súa longa ausencia dos terreos de xogo nun choque que a enfrontará con Panamá no Estadio Municipal de Balaídos, nun Vigo que forma parte fundamental da historia da Irmandiña.
Vía Galega destaca a involucración das peñas en crear "o clima necesario para que esta sexta feira Balaidos se converta nun acto de afirmación nacional coa nosa selección".
Ante o anuncio da volta da selección galega de fútbol, despois de oito anos sen disputar ningún partido, Vía Galega lamentou que tiveramos que agardar todo este tempo "para só asistir ao anuncio dun encontro amigábel".
A Coruña, Arzúa, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acolleron esta cuarta feira actos de conmemoración do 116 aniversario da estrea solemne do Himno galego na Habana, promovidos por Vía Galega e a Federación Galiza Cultura, nos que se 'Cantou á nación' co texto fidedigno creado por Eduardo Pondal.
O coordinador de Vía Galega, Anxo Louzao, afirmou que "desde hai tempo vimos desenvolvendo unha campaña intensa con numerosos actos e actividades por toda a xeografía galega e con diversas publicacións sobre os símbolos nacionais da Galiza, o himno e a bandeira".
Máis de 160 concellos da Galiza atenderon o convite de Vía Galega para recoñecer e propagar os símbolos nacionais da Galiza no aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.
Unha vintena de municipios galegos acollerán este sábado o izado da bandeira galega en conmemoración da I Asemblea nacionalista das Irmandades da Fala, que tivo lugar o 17 e o 18 de novembro de 1918.
Vía Galega impulsa actos por toda a Galiza para difundir a bandeira da patria coincidindo co aniversario da primeira Asemblea Nacional, que demandaba cuestións como a autonomía integral da Nación galega, igualdade entre mulleres e homes, o sufraxio universal ou unha federación ibérica que incluíse Portugal.
Manuel Ferreiro, catedrático da Universidade da Coruña e experto na figura de Pondal, debulla a Iniciativa Lexislativa Popular que na terza feira defendeu no Parlamento galego e que ten como obxectivo restituír o texto fidedigno do himno. A proposta contou co 'si' do BNG, mais foi tombada polo PP e o PSdeG.