Contracultura
Cielo Fernández: "Un dos retos máis importantes que enfrontan as librarías é a dixitalización xeral do sector"
12/dec./23
A Federación de Librarías da Galiza conta desde este mes de decembro cun novo equipo directivo, que asume os retos e necesidades do sector. A dirección está liderada por Cielo Fernández, propietaria da Libraría Bahía en Foz (A Mariña), que afronta esta nova etapa da Federación con ganas e ilusión por superar as dificultades que o sector do libro encara no futuro máis próximo.
CONTRACULTURA
Mariña de Toro, responsábel da sección de libraría en Numax: “Numax ten unha forma singular de abordar a actividade cultural, mais sempre tecendo lazos”
27/abr./23
Mariña de Toro analiza os oito primeiros anos da cooperativa Numax
Contracultura
Patricia Porto: "Os dereitos que consegue o feminismo son dos primeiros que se perden"
21/mar./23
Patricia Porto, educadora social, sostén xunto Montse Vilar a libraría Lila de Lilith, en Santiago, pola que foron galardoadas cun dos premios Abrandares de Compostela. Porto reflexiona sobre a evolución do proxecto desde os seus inicios porque, como ela defende, "o feminismo non está soamente nos contidos dos libros, tamén é unha forma de relacionarse".
Contracultura
Xosé Barreiro: "Termos referentes de éxito fai que as novas xeracións vexan no cómic unha profesión viábel"
23/dec./22
Xosé Barreiro é a persoa detrás do mostrador da libraría compostelá Komic, galardoada esta semana co Premio Manuel Beiras polo seu emprego habitual do galego. Barreiro aborda os inicios da libraría e a presenza do cómic e da lingua no contexto actual onde, como el di, “botamos en falta a iniciativa das editoras grandes”.
Día das Librarías
Increméntase o interese pola lectura, malia un contexto económico adverso
11/nov./22
O interese pola lectura aumenta entre a xete nova. Esa é a percepción dos libreiros que, non obstante, ven o futuro con cautela por mor do desbocado incremento do prezo do papel.
CULTURA
Mercedes Corbillón: "Ser libreira é un oficio que se leva con paixón e é algo absolutamente vocacional"
26/maio/22
Os Premios Follas Novas do Libro Galego recoñeceron Mercedes Corbillón, responsábel da libraría Cronopios de Santiago de Compostela, co galardón que anualmente escolle a Federación de Librarías da Galiza. Leva trece anos na capital á fronte dun negocio familiar que conta tamén con outro comercio en Pontevedra. Esta libreira conversa con Nós Diario para valorar este recoñecemento e explicar a situación xeral do sector cultural.
CULTURA
Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e Cronopios, galardoados nos premios Follas Novas do Libro Galego 2022
04/maio/22
A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego decorrerá o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal, e na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías estabelecidas.
11-N Día das Librarías
Librarías: entre o optimismo das vendas e a ameaza das plataformas
11/nov./21
O Día das Librarías naceu como mecanismo de defensa ante a baixada de vendas despois da crise, mais foi adquirindo entidade propia para enfrontar os retos que encara o sector. A pandemia serviu para revalorizar a lectura. Agora a ameaza vén das plataformas multinacionais que operan online.
CULTURA
A Selic despide a edición de 2021 co reto de atopar novos modelos de lectura
18/set./21
O resultado desta quinta edición da Semana do Libro de Compostela con actividades na rúa foi tan bo que a organización quere incrementar “a súa relación con máis espazos da cidade”. Este domingo decorrerán as últimas actividades.
CULTURA
A Federación de Librarías renóvase e reflexiona sobre o modelo das feiras do libro
12/maio/21
Co remate do mes de abril a Federación de librarías da Galiza renovou a súa directiva cun novo equipo que preside o libreiro de Formatos, na Coruña, Ramón Domínguez. A transparencia, a modernización tecnolóxica e a área social da profesión son algúns dos retos que afrontará a entidade os próximos catro anos.
star
Día do libro
Día do libro: A literatura como antídoto tras o confinamento
23/abr./21
O 23 de abril conmemórase o Día do Libro. Na xornada de hoxe comeza en Ferrol a primeira das Feiras do Libro da Galiza, que organiza a Federación de Librarías. Expertas e expertos analizan para 'Nós Diario' a actual situación pola que está a pasar o sector e advirten de debilidades como a "falta de internacionalización das creacións galegas" mais das fortalezas que se crearon durante o confinamento cando "a xente se evadía da realidade e das pantallas a través dos libros".
star
CULTURA
O apalpador salva relativamente o ano das librarías cunha campaña de Nadal "bastante boa"
12/xan./21
As librarías galegas fechan o ano cunha campaña de Nadal bastante boa, que nalgúns casos até mellora as de anos previos, máis prolongada e estábel. Isto permite que o impacto da Covid-19 no sector se mitigue lixeiramente, se ben os máis de dous meses de confinamento e as posteriores restricións arrastran o exercicio. Nesa tónica "mellor do agardado" vanse asentando novas prácticas, como a de encargar por What's App o lote de libros, aínda que mantendo a importancia do presencial, mesmo cando organizar actividades é case misión imposíbel.
CULTURA
Libros que falan de libros
06/nov./20
A metaliteratura é cada vez máis un terreo ao que se achegan as persoas que adoran os libros para reflexionar sobre eles. No medio desta pandemia, ademais, semella que os libros, as bibliotecas e as librarías se converten en espazos de calma e de reivindicación, sobre todo cando se demostra que a cultura é máis necesaria que nunca. Co gallo do 13 de novembro, Día das Librarías, lembramos algúns títulos de "libros que falan de libros".
CULTURA
Solidariedade e contento arredor do libro na feira de Santiago, a primeira despois da COVID-19
15/xuño/20
Santiago de Compostela acolle a primeira feira do libro da Galiza e do Estado após a pandemia. Unha iniciativa rodeada de incertezas que despois da fin de semana inaugural deixa moi boas sensacións entre as libreiras, o público e as autoras que se achegaron á Alameda Compostelá. Estará aberta até o día 21.
CULTURA
As librarías, "profundamente molestas" con Educación polo novo fondo de libros de texto
20/maio/20
A Federación de Librarías de Galiza critica o “cambio de criterio” da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na regulación do fondo solidario de libros de texto e material escolar.