As probas de selectividade previstas na Mariña continúan en pé pese ao peche que afectará no próximos cinco días aos 14 concellos do seu distrito sanitario, debido a que "se respectarán as medidas de seguridade necesarias", explicou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña
Na rolda de prensa na que deu a coñecer as restricións, Almuiña explicou que os exames se fan en Viveiro e que existe un protocolo previo elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) que foi valorado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e que se vai a "reforzar".
"Non haberá problema e vanse realizar", manifestou sobre as probas, que a crise sanitaria obrigou este ano a atrasar e que se celebrará entre o 7 e o 9 de xullo no caso da Comunidade galega.
"En Viveiro -engadiu- a instalación é boa, hai distancia de seguridade e todas as medidas que se pediron". En calquera caso, o conselleiro indicou que pediu á alcaldesa de Viveiro que se impidan celebracións "multitudinarias" ao acabar os exames porque "aí está o risco". "Hai que procurar que as celebracións sexan en grupos reducidos", indicou.