POLÍTICA

Vídeo do BNG para o Día da Patria Galega: "Non viñemos resistir. Viñemos para vencer"

"Un novo impulso, PARA VENCER". Ese é o título do vídeo producido polo BNG para o Día da Patria Galega 2019. Nos créditos, a realización de José Arangude, e os textos e as voces de Hugo Guezeta (Son da Rúa) e Willow Ghz. Unha reivindicación das potencialidades do país a ritmo de rap. Félix Cebreiro, de Quela Records, foi o responsábel da gravación e da mestura nun vídeo que, como xa é tradición no BNG, ten un carácter eminentemente coral.
Comentarios