INTERNACIONAL

1,4 millóns de persoas xa viron "Help Catalonia"

O vídeo realizado por Òmnium Cultural sobre a loita do pobo catalán a prol da súa autodeterminación está a ter un suceso masivo, a ultrapasar xa o 1,4 millóns de visualizacións. Denuncia a represión estatal -con referencias expresas ás cargas policiais de 1-O e a detención de "Os Jordis"- e fai un chamado a intervir á comunidade internacional, nomeadamente á europea. Ponse en circulación ante a máis que probábel activación do artigo 155 da CE -que suspendería a autonomía- por parte de Madrid.
Comentarios