CULTURA

Xavier Portas - 'Reimaginar o Passado'

O artista Xavier Portas, natural de Ponteareas, vén de presentar o seu último traballo musical, o disco Cidade da Utopía, que xa está dispoñíbel en YouTube e outras plataformas de reprodución en liña. "Este novo álbum quere dar continuidade ao anterior nunha vertente non tan explorada na música galega: a do new classical ou instrumental de ambiente, e chegar a máis xente dentro e fóra do país", explica.

Con este segundo disco, Portas adéntrase en novas sonoridades, "por veces máis escuras e hipnóticas e que en parte deben máis ao cinema e á música para a escena", apunta. Aliás, a presenza das guitarras é "lixeiramente inferior" nesta nova proposta, "gañando terreo outro tipo de sonoridades, como as voces de coro e orquestra". "A intención é abrir novas saídas á música dentro de formas eclécticas", conclúe o artista.

Comentarios