martes 15/06/21

CULTURA

Premios Xerais 2020

O pasado mes de decembro anunciouse o ditame da XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, resultando gañadores os títulos 'Coidadora' de María Marco , 'santoamaro'  de Antonio M. Fraga e 'A folla azul' de Andrea Maceiras.

Debido á situación da pandemia, Edicións Xerais  decidiu suprimir a gala de entrega dos Premios Xerais e preparar unha serie de vídeos para difundir os libros gañadores. Durante o presente mes de xuño publicaranse as imaxes gravadas no Museo do Mar en Vigo.

comentarios