CULTURA

Ortiga & Pili Pampín - 'O galo (Remix)'

Sons techno e guaracha colombiana mesturados con música galega popular protagonizan O galo (Remix), o tema que presentan Ortiga e Pili Pampín para achegar á actualidade unha mistura de clásicos de onte "aderezados coa electrónica máis actual", algo inédito até o momento, sinalan desde a súa produtora musical, Ernie Records.

"Ortiga e Pili Pampín levan case un ano rompendo esquemas. E isto é só o comezo. O artista, O Chicho do Funk, unha das mentes máis avanzadas e transversais da música contemporánea, e Pili Pampín, unha das cantantes máis icónicas da música galega, demostraron unha capacidade insólita de retroalimentación entre sons que parecían afastados e que agora xa non poden entenderse por separado", afirman.

Após triunfar coa súa versión 'modernizada' do clásico Eu chorar, chorei, dan unha nova forma ao Galo que Pampín leva anos interpretando nos escenarios. Antón Miranda e Xaime Miranda foron os encargados de crear o videoclip de animación que acompaña esta canción e que está inzado de chiscadelas ao anime dos anos 90.

Comentarios