CULTURA

Músicas galegas interpretan L'Estaca en apoio ao 1-O

A versión galega de L'Estaca en solidariedade co dereito a decidir de Catalunya xa está nas redes. Ducias de músicos e intépretes da escena emprestaron a súa voz e a súa imaxe a unha iniciativa implusada, a través das redes sociais, por Alonso Caxade.

 

Eladio dos Santos, Sonia Lebedynski, Jasper de Nao, Suso da Compañía do Ruído, Roi Fernández de The Homens e Grampoder, Roberto Sobrado, Xurxo Souto, Petetas de Tiro na Testa e Falperrys, Xan e Antón Papaqueixos, Pulpiño Viascón, Miguel Mosqueira de Ataque Escampe, O Leo i Arremecághona son algunhas das participantes no vídeo.

 

Canción e vídeo foron rexistrados nos estudios A Ponte de Santiago de Compostela, con Marcos Paino na produción dunha base instrumental formada por membros de Caxade e Ataque Escampe, entre outros. O vídeo foi producido por GZMúsica.

Comentarios