sábado 29/01/22

CULTURA

Liska!: 'Sermos'

A banda galega de ska punk Liska! vén de lanzar 'Sermos', o seu novo 'single', acompañado de videoclip, que pecha a serie de EPs 'República', e que xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais. O novo tema homenaxea á figura do veciño de Cuntis Xoán Xesús González, coñecido como 'Canteiro de Sebil', e é un canto á memoria, á dignidade é a loita. Canteiro de profesión, mestre, xornalista, home de esquerdas e independnetista,  foi fusilado en setembro de 1936.

O vídeo gravouse no espazo natural da Canteira de Paredes (Vilaboa), e recolle imaxes do documental 'O canteiro de Sebil', estreado polo colectivo Quinteiro do Umia en 2017.

O tema foi gravado e mesturado por Javier Vicalo em The Dub Yard Records (Vigo), e masterizado por Ibon Larruzea en Euridia (Bilbo).

comentarios
Liska!: 'Sermos'