luns 06.04.2020

CULTURA

Guadi Galego lanza 'Fronteres' nas redes

Fronteres foi apresentado esta sexta feira nas redes. É o segundo sinxelo de Immersion e trátase dunha adaptación do texto ao catalá por Pau Brugada do tema Fronteiras de Guadi Galego.

Este novo sinxelo é interpretado pola propia Guadi, Clara Peya, Judit Neddermann, Vic Moliner e Pau Brugada.

Once versións do seu propio cancioneiro e un inédito conforman Immersion, o novo disco de Guadi Galego que estará á venda en outubro. O primeiro adianto do traballo xa apareceu o 31 de maio e consistiu nunha regravación da emblemática Cedeira, acompañada de Iván Ferreiro.

comentarios