CULTURA

A Banda da Loba: 'Adondar a lingua'

O tacto da fariña nas mans, o sal na punta da lingua e o arrecendo do fermento. Ver como o aire vai inzando a masa lentamente e o son do lume vai quecendo o forno. Contamos con todos os ingredientes, con toda a sabedoría precisa para coidar desta masa nai que nos foi entregada. Para alimentarnos, para vivir, para sentir: adondemos a lingua.

Con estas palabras presentou a A banda da Loba este novo videoclip nas súas redes sociais. Adondar a lingua é un tema recollido no seu segundo CD, "Fábrica de luz", que a banda publicou en decembro de 2019. A letra desta canción está inspirada nun videopoema de Celia Parra.

Ficha técnica:

Letra e música: A banda da Loba inspirándose no poema "Adondar a lingua" de Celia Parra
Videoclip gravado, editado e dirixido por Celia Parra
Audio gravado e mesturado en Estudios Abrigueiro por Arturo Vaquero
Colaboracións (para o cuarteto de corda): María G. Blanco, Alba Novoa e Margarida Mariño

Comentarios